As obras de 35 artistas poderanse ver no Museo de Pontevedra con motivo da exposición 'Novos Valores'

Pontevedra
08 de agosto 2019

Con motivo da exposición Novos Valores 2019, un total de 35 artistas exporán, a partir deste xoves, as súas obras no Museo de Pontevedra. As obras, seleccionadas dun total de 110 presentadas, recollen 7 gravados, 3 debuxos, 7 pinturas, 5 esculturas, 9 fotografías, 3 varios e unha peza audiovisual

Inauguración da exposición 'Novos Valores' no Museo de Pontevedra
Inauguración da exposición 'Novos Valores' no Museo de Pontevedra / Mónica Patxot

Con motivo da exposición Novos Valores 2019, un total de 35 artistas exporán, a partir deste xoves, as súas obras no Museo de Pontevedra. As obras, seleccionadas dun total de 110 presentadas, recollen 7 gravados, 3 debuxos, 7 pinturas, 5 esculturas, 9 fotografías, 3 varios e unha peza audiovisual.

Dentro desas 35 obras, pódense atopar as catro premiadas polo xurado desta edición con bolsas de 7.500 euros. Rosa Pardal, Anime Asselman, Elena Matamoro e Alba Castelo foron os artistas galardoados para poder ampliar os seus estudos artísticos. Así mesmo, terán a oportunidade de expoñer as creacións resultantes desa formación.

Por unha banda atópase a óbra "Habitación nºA" de Rosa Pardal. Trátase dunha fotografía que pertence a un proxecto persoal da artista na que fala da contorna rural no que vive. Esta fotografía simbolista, mostra a unha muller co rostro tapado e un arco detrás "que intenta romper con el tópico de mujer objeto para mostrarla como creadora", explica Rosa.

Outra das obras premiadas é "Ordensound", de Anime Asselman. O artista aclarou que a súa intención é "crear un nuevo lenguaje para emplear nuevas formas geométricas que puedo transmitir a obras de arte y al diseño". Desta maneira "la música y la geometría tienen una misma base y fue lo que me llevó a esa obra abriéndome una nueva línea de investigación para poder trabajar con músicos", concluíu.

Por último atópanse as obras de Elena Matamoro e Alba Castelo, ausentes na presentación.

A "Mirada que escoita", de Elena Matamoro, é unha investigación en arte sonora. "Mediante la observación, registro y análisis de la forma en cada imagen, realizo una traducción subjetiva a la escritura musical, en pentagramas, claves y notas", aclara a artista. Está composto por cinco pezas das cales só dúas están expostas. Trátase de "Árbol" e "Pájaros volando sobre el río Lérez".

Alba Castelo, pola súa banda, presentou "Maleza". Trátase dun traballo que abarca pintura, ilustración e escultura cerámica "xogando coa ambigüedade representando a natureza dunha forma clásica e de traballo minucioso", explicou."Cada unha das pezas garda a esencia do meu propio autorretrato onde me presento como elemento natural animado", concluíu.