Arquitectura, arte, deseño urbano, diálogo e reflexión. Son os vimbios que tecen Experimenta Pontevedra, o Festival de Deseño Urbano que ten lugar na Boa Vila dende este xoves 21 de xuño até o domingo 24.
A iniciativa promovida polo Concello xira arredor dunha mostra de arquitectura efémera comisariada por los arquitectos José Santos, José Mera e Javier Peña que transforma cinco espazos públicos da cidade: as prazas de Ourense, Santa María, do Hospital, a zona fronte ao Mercado e a avenida Montero Rios coas seguintes instalacións:
- A Estrada das Peneiras, ubicada na Praza de Ourense
- Modular, instalada na Praza de Santa María
- La Muralla del Mar, fronte ao Mercado de Abastos
- Mise-en-scene, na Praza do Hospital
- Lo que está por venir..., ubicada na Avenida de Montero Ríos.
Durante os catro días de celebración de Experimenta Pontevedra haberá, a partir das 19.00 horas, unha visita guiada pola mostra con arquitectos-autores das creacións e os comisarios da mostra. Sairá da praza de Ourense.