As Ruínas de San Domingos volven abrir para acoller visitas

Pontevedra
30 de xuño 2020

O Museo de Pontevedra anunciaba nas últimas horas por redes sociais que, desde este martes 30 de xuño, as portas do Monumento Nacional volverán abrirse para acoller visitas. Estes restos arquitectónicos permanecían pechados desde maio de 2019 debido á aparición dunha fenda. Os trámites administrativos provocaron que o peche se prolongara máis dun ano

Ruínas de San Domingos, en Pontevedra
Ruínas de San Domingos, en Pontevedra

En maio de 2019, as ruínas de Santo Domingo pechábanse coa prohibición ao acceso de visitas. A aparición dunha fenda provocaba este peche que se prolongou durante máis dun ano debido a cuestións de carácter administrativo, segundo recoñecía o director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey.

Nas últimas horas, o Museo de Pontevedra anunciaba a apertura a partir deste martes 30 de xuño das instalacións. Segundo sinalan poderase volver percorrer o interior para apreciar a cabeceira gótica de cinco ábsidas e contemplar os restos arquitectónicos e escultóricos desta igrexa e convento que se construían nos séculos  XIV e  XV.

Este Monumento Nacional, que forma parte do Museo de Pontevedra, conta con numerosos vestixios artísticos que se conservan no seu interior. Anteriormente a este peche, as instalacións tamén se mantiveron pechadas durante tres anos debido ás obras de consolidación das estruturas, especialmente o  rosetón, para evitar posibles desprendementos. Volvían abrirse ás visitas a mediados de 2017.