As visitas teatralizadas polo centro histórico continúan en agosto coa Señora de Palmírez como guía

Pontevedra
31 de xullo 2022

Estas visitas, que protagoniza a compañía pontevedresa Migallas Teatro coa organización da concellería de Turismo e Promoción Económica, están previstas para os días 7, 8 e 10 de agosto e as reservas poden facerse a través de Visit-Pontevedraa>

Visita teatralizada coa Señora de Palmírez
Visita teatralizada coa Señora de Palmírez / Migallas Teatro

Os días 7, 8 e 10 de agosto volverán as visitas teatralizadas ao centro histórico de Pontevedra a cargo da compañía Migallas Teatro. Trátase de sesións organizadas pola concellería de Turismo e Promoción Económica co obxectivo de realizar unhas visitas divertidas por algúns dos puntos máis característicos da cidade.

As prazas poden reservarse a través de Visit-Pontevedra. Cada unha das visitas ofrece unha simpática proposta imaxinaria sobre os períodos do Medievo e do Renacemento en Pontevedra, a través da participación de diferentes personaxes.

Un dos principais atractivos nestas visitas atópase na aparición da incombustible Señora de Palmírez, interpretada pola actriz María Campos, que exercerá de sorprendente guía. O resto de personaxes serán asumidos pola actriz Bea Campos e os actores Manuel Pombal e Carlos Yus.