Así é "Nunca lo veremos", o adianto do primeiro disco de La casa de los ingleses

Pontevedra
11 de xuño 2018

En apenas dez días sairá á venda o primeiro disco de La casa de los ingleses pero, para abrir boca, a banda pontevedresa publicou o videoclip da canción Nunca lo veremos, o adianto deste traballo discográfico. Trátase dun videoclip animado por José Aragunde a partir das ilustracións de Ana Seoane

La casa de los ingleses
La casa de los ingleses / La casa de los ingleses

En apenas dez días sairá á venda o primeiro disco de La casa de los ingleses pero, para abrir boca, a banda pontevedresa publicou o videoclip da canción Nunca lo veremos, o adianto deste traballo discográfico.

Trátase dun videoclip animado por José Aragunde a partir das ilustracións de Ana Seoane.

Nunca lo veremos forma parte de La tierra es plana, o primeiro disco da banda, gravado en Garate Studios de Andoain (Guipúscoa) baixo a dirección do produtor Juan Hernández e autoeditado por eles mesmos.

Aínda que sairá á venda o 20 de xuño, o disco poderase comprar o sábado no festival Surfing the Lérez, onde actuará La casa de los ingleses.

La casa de los ingleses é unha banda de pop de cancións sinxelas e directas. Unha coidada estética tanto nas melodías como no escenario e unha pegada certeira caracterizan a este grupo de mozos que buscan facerse un oco na escena nacional.

En 2015, tres anos despois de comezar a tocar en directo, editaron o EP Punto de partida, no que a banda mostra o seu gusto polas melodías efectivas e os medios tempos pegadizos.

O novo disco presentarano nunha xira que lles levará por todo o territorio estatal.