Bandas locais de Xeración Sónica tomarán o Teatro Principal o venres 28 de febreiro

Pontevedra
22 de febreiro 2025

Rager, Vexx, Ferralla, Básica, Altofalantes e Brasas participarán neste concerto especial coa intervención tamén doutras bandas como Kavo, Jünne, e a Banda do Rocklab

Titores e participantes da sexta edición de Xeración Sónica
Titores e participantes da sexta edición de Xeración Sónica / Mónica Patxot

O venres 28 de febreiro, o Teatro Principal de Pontevedra acollerá un concerto especial no marco da iniciativa Xeración Sónica, un proxecto artístico-musical impulsado pola Concellería de Xuventude e xestionado por Estudo Bonobo e Artecalavera.

O acto que comezará ás 20:00 horas, presentará as novas bandas desta edición e celebrará a publicación do Xeración Sónica vol.6 e a versión de Estou na lavadora,  feita por Rager, unha das bandas do proxecto.

No escenario van reunirse as bandas da Xeración Sónica 2025:  

RagerVexxFerrallaBásicaAltofalantes e Brasas.

Ademais, contará coa participación de bandas de proxectos irmáns, como o Local de Música de Pontevedra, que presentará a Klavo e JüNNE, e a Banda do Rocklab.

A actuación de Rager terá un significado especial, xa que a súa versión de Estou na lavadora  formou parte do documental BRAVÚ XXX, estreado hai poucos meses.

Tanto este tema como o Xeración Sónica vol.6 estarán dispoñibles nas plataformas dixitais a partir do propio día 28.

Xeración Sónica é unha iniciativa destinada a rapaces de 13 a 17 anos que busca fomentar a creación de proxectos musicais orixinais con percorrido e impacto na cidade.

O proxecto inclúe rutas de concertos, gravacións e publicacións baixo o selo de Artecalavera, consolidándose como unha plataforma clave para o descubrimento de novos talentos.

Nos últimos anos, o proxecto medrou e estendeu as súas conexións con iniciativas similares, como a Escola de Rock de Paredes de Coura (Portugal), e participou en festivais como o Virafest 2023, coa súa presenza confirmada tamén para este 2025.

Ademais, Xeración Sónica ten vínculos co sector educativo a través de “Recreos ao Vivo”, unha serie de concertos nos centros educativos da cidade celebrados con motivo do Día das Letras Galegas.