Cinco novas bandas e artistas incorpóranse ao cartel da décimo terceira edición do festival PortAmérica, que terá lugar na emblemática Azucreira de Portas os próximos días 4, 5 e 6 de xullo.
Entre as novidades anunciadas este venres, o público poderá gozar de talentos emerxentes do pop rock, como Barry B e o galego Taïn, quen representa o mellor das novas propostas con maior proxección nacional.
Tamén soará no festival o indie folk íntimo de Inazio e a proposta de pop envolvente que firma a moza Carla Lourdes.
A electrónica, pola súa banda, tamén estará representada por Galician Army.
Estas novas incorporacións súmanse a un cartel que xa contaba con artistas como Emilia, Melendi, Love of Lesbian, Mikel Izal, Viva Suecia, Ca7riel & Paco Amoroso ou Recycled J.
Duncan Dhu, Iván Ferreiro, Alcalá Norte, Carlos Ares, La La Love You, Marisa Valle Roso, Merino, No Te Va Gustar Sidonie, Siloé, Travis Birds e Veintiuno tamén estarán en PortAmérica 2025.
Así, a repartición provisional por días, á espera das últimas incorporacións, queda da seguinte maneira:
Xoves 4: Mikel Izal, Ca7riel & Paco Amoroso, La La Love You, Siloé, No Te Va Gustar, Recycled J, Veintiuno e Taïn.
Venres 5: Emilia, Love of Lesbian, Iván Ferreiro, Alcalá Norte, Merino, Marisa Valle Roso, Inazio e Barry B.
Sábado 6: Melendi, Viva Suecia, Sidonie, Duncan Dhu, Travis Birds, Carlos Ares, Galician Army e Carla Lourdes.
As entradas diarias estarán dispoñibles a partir do martes 21 de xaneiro ás 13:00 horas en www.portamerica.es, onde seguen á venda os abonos para o tres días do festival.