PODCAST.- Begoña Pérez trae case unha enciclopedia das manchas con 'Los trucos de La Ordenatriz'

Pontevedra
23 de novembro 2024

A popular influencer da orde e a limpeza tráenos unhas cantas recomendacións ao podcast 'Cara a cara' con motivo da promoción do seu libro máis recente

Begoña Pérez é coñecida como 'La Ordenatriz'
Begoña Pérez é coñecida como 'La Ordenatriz' / Planeta

A traxectoria de Begoña Pérez como gurú da limpeza e a orde é sobradamente coñecida para a súa lexión de seguidores. Comezar a ordenar as súas emocións tras unha perda familiar foi a orixe do momento actual: unha creadora de contido de éxito que leva o sobrenome de 'La Ordenatriz'.

Ademais dos seus consellos en Instagram, que seguen 1,7 millóns de persoas, Begoña tamén colabora en magazines de televisión. En 2023 publicou ‘Limpieza, orden y felicidad’ e agora promociona ‘Los trucos de La Ordenatriz’; case unha enciclopedia das manchas.

"O de enciclopedia gustoume, pero un libro é finito. Tentei axuntar as preguntas que me fan os seguidos para que fose unha cousa normal, porque a todos pásannos eses pequenos desastres", responde.

Compendia máis dun centenar de manchas cuxas solucións ordena alfabeticamente dunha maneira clara e práctica: de bolígrafo, de chocolate, de maquillaxe, de cera, de sangue, por atascos, roturas, queimaduras, desteñidos... Unha guía para ter sempre a man.

Poderíase aplicar a mesma máxima do armario e a roupa: hai uns básicos que non deben faltar e sacaranche de infinidade de apuros. Son imprescindibles que desfilan por este dicionario de solucións para imprevistos.

Sempre se aprende, ata para saír dos apuros domésticos, alguén pensaría no vodka como produto para eliminar malos cheiros do frigorífico, ou coa mesma finalidade usar pos de facer flanes?

Como influencer nestas lides do fogar, e como sucede con aquelas e aqueles que se dedican á moda, a cosmética, etc…, tamén recibe produtos para a orde e a limpeza a fin de que sexa a súa prescriptora.

"Sinto con responsabilidade ante os meus seguidores e por iso o produto ten que estar aliñado comigo e saber que é eficaz e non só comprar por comprar, que non é responsable ", responde respecto diso.

E un consello de utilidade que nos deixa no podcast 'Cara a cara': como afrontar eses cambios de armario, polo menos dúas veces ao ano, cando toca estrear estación. Toda unha estratega.

Ministerio de Cultura. Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura