Bigsound Pontevedra bate expectativas: 36.000 asistentes e 19,5 millóns de impacto económico

Pontevedra
20 de xullo 2026

O festival pontevedrés consolida o seu éxito como unha das grandes citas musicais do verán en Galicia. Fixérono cun cartel con David Bisbal, Ana Mena, María Becerra ou Nathy Peluso

Segunda xornada do Bigsound Pontevedra 2026
Segunda xornada do Bigsound Pontevedra 2026 / Cristina Saiz

Case 36.000 espectadores en dous días e un impacto económico de 19,5 millóns de euros. Esas son as principais do balance que fixo a organización do Bigsound Pontevedra.

Subliñan que o festival volveu a converter á cidade do Lérez nunha festa da música en directo, deixando o recordo dunha fin de semana inesquecible para público e artistas.

Máis dunha vintena de artistas pasaron polo seu escenario nun formato que permitiu gozar de actuacións de forma ininterrompida durante máis de dez horas cada xornada.

O festival reuniu a grandes figuras nacionais e internacionais, referentes do pop e a música urbana, como David Bisbal, Ana Mena, María Becerra ou Nathy Peluso.

A eles sumáronse outros artistas como Luck Ra, Nil Moliner, Juan Magán ou Natalia Lacunza, entre outros.

Bigsound Pontevedra sostén que na organización da súa segunda edición participaron máis de 1.500 profesionais.

"Superamos todas as expectativas", aseguran desde o festival.

Todas estas cifras reafirman o seu papel como un dos grandes acontecementos culturais e musicais do verán en Galicia.

Ademais da música en directo, Bigsound Pontevedra volveu ofrecer unha experiencia completa grazas ás súas activacións, espazos gastronómicos e zonas de descanso.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora