Black Eyed Peas, a sorpresa do festival Costa Feira como cabeza de cartel

Sanxenxo
05 de xuño 2024

Coñecidos pola súa fusión do pop co hip-hop, Black Eyed Peas actuarán no recinto do festival, que estará situado de novo no polígono industrial de Nantes, o 24 de xullo. Será o seu único concerto en Galicia e unha das cinco actuacións que dará en España

Black Eyed Peas
Black Eyed Peas

A banda estadounidense Black Eyed Peas será o cabeza de cartel da segunda edición do festival Costa Feira, que se celebrará en Sanxenxo entre os días 24 xullo e 24 de agosto.

Así se desvelou na presentación dun evento que logrou reunir unha oferta cultural "para todos os públicos e familias", segundo destacan os seus organizadores.

Coñecidos pola súa fusión do pop co hip-hop, Black Eyed Peas actuarán no recinto do festival, que estará situado de novo no polígono industrial de Nantes, o 24 de xullo.

Será o seu único concerto en Galicia e unha das cinco actuacións que dará en España.

O cartel do Costa Feira inclúe tamén, entre outros concertos, a Calamaro (25 de xullo), Hombees G (3 de agosto), Juan Magán (5 de agosto), Marwan + Iván Ferreiro (8 de agosto), Los Secretos (10 de agosto), Pablo López (12 de agosto) ou Loquillo (15 de agosto).

Actuarán tamén Mëstiza (2 de agosto), Funzo & Baby Loade + Hens + Ters (7 de agosto), Marlon (10 de agosto), Claptone (17 de agosto), Taburete (21 de agosto), Coque Malla + Sidecars (22 de agosto) ou Natos y Waor (24 de agosto).

Para o desprazamento do público ata o recinto, o festival contará coa colaboración dos taxis de Sanxenxo e haberá autobuses desde o centro de Sanxenxo, Portonovo, O Grove e Cambados e, como novidade, liñas desde A Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra.