Bueu abre o prazo de presentación de traballos para os premios Johán Carballeira de poesía e xornalismo

Bueu
21 de setembro 2021

O Concello de Bueu vén de convocar os Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo, cuxo prazo de presentación de traballos estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2022, e que contarán cunha dotación económica de 1.500 euros

Marta Veiga e Xandra Táboa, tras recibir os premios Johán Carballeira
Marta Veiga e Xandra Táboa, tras recibir os premios Johán Carballeira /

O Concello de Bueu convocou os Premios Johán Carballeira de Poesía e Xornalismo, cuxo prazo de presentación de traballos estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2022.

Estes galardóns contarán cunha dotación económica de 1.500 euros para ambas as dúas categorías, ademais de ofrecer a publicación da obra no caso da poesía a través da Editorial Xerais.

As persoas que desexen participar poderán facelo enviando o seu traballo en papel ou en formato dixital, tal e como se establece nas bases publicadas na páxina web do Concello (www.concellodebueu.gal). 

O certame naceu como unha homenaxe ao político, poeta e xornalista local José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira, cumprindo en 2022 o seu vixésimo quinta edición na categoría de poesía e a décimo novena na de xornalismo.

Na súa última edición resultaron gañadores Xandra Táboas e Adrián Mosquera 'Dou aulas de ioga por videoconferencia' e Marta Veiga polo reportaxe 'Cantigas para despois dunha pandemia'.