A exitosa serie de Vaca Films para Netflix Clanes rodará este verán a segunda tempada e, para preparala, xa buscan figurantes.
Acaban de lanzar un casting de figuración para participar na rodaxe, previsto para este verán na zona da Ría de Arousa, A Coruña e outras partes de Galicia que non detallaron.
A primeira tempada desta serie protagonizada por Tamar Novas e Clara Lago rodouse en Cambados, Vilanova, Vilagarcía, A Illa ou Sanxenxo.
Nese casting buscarán figurantes de entre 18 e 80 anos para os que indican que non é necesaria experiencia previa.
A selección está aberta só para residentes en Galicia, segundo detalla JP Castings, encargados do proceso.
Para inscribirse, ers necesario encher un formulario dispoñible na biografía do perfil de JP Castings na rede social Instagram.
En caso de problemas co formulario, as persoas interesadas poden enviar un correo electrónco a [email protected] incluíndo nome completo, teléfono, idade, concello de residencia, lugar de nacemento e nacionalidade, estatura e fotos actuais sen filtros nin lentes de sol.
Nese correo é necesario especificar si a persoa xa participou na primeira tempada de Clanes e que rol desempeñaba