Calor, música e bo ambiente para poñer o broche ao Surfing The Lérez coa súa xornada máis familiar

Pontevedra
24 de xuño 2023

Nin as altas temperaturas impediron que os festivaleiros do Surfing The Lérez gozasen este sábado 24 de xuño do seu día grande, o que poñía o broche a unha edición con tres xornadas de música e diversión a beiras do río

Terceira e última xornada do Surfing the Lérez 2023
Terceira e última xornada do Surfing the Lérez 2023

Nin as altas temperaturas impediron que os festivaleiros do Surfing The Lérez gozasen este sábado 24 de xuño do seu día grande, o que poñía o broche a unha edición con tres xornadas de música e diversión a beiras do río.

Despois de dous días de concertos, chegaba a quenda do fin de festa coa xornada máis ampla e familiar do festival, convertido xa en todo un clásico que marca o inicio do verán.

Desde as 12.00 horas a actividade empezouse a repartir entre os tres escenarios habilitados e o espazo infantil para goce de todos.

'Esto es rock', Paco Nogueiras e As Palabras Perdidas amenizaron a xornada para os máis pequenos xunto ás exhibicións de Os Relámpagos e o Pontevedra Rugby Club.

E na parte musical a Escola Bonobo inaugurou a actividade á primeira hora, dando paso ao longo de toda a xornada a Los Ratreadores, Zeltia Irevire, Escuchando Elefantes, La Casa de los Ingleses, Igloo, Eggy, Malandrómena, Pablo Lesuit, Meu Cariño, Dakidarría, Lamontagne & Picoamperio, Gorllitox, Lontreira, Visi y Galician Army, cunha programación que se prolongaba ata ben entrada a noite.

Todo iso no medio dun ambiente inmellorable que demostra a boa saúde do evento. Que viva o Surfing!