Calum, o novo fenómeno teen, actuará o 5 de marzo no Pazo da Cultura

Pontevedra
01 de decembro 2015

O cantante granadino de 13 anos está a acadar un importante éxito co seu primeiro traballo discográfico: Hey, babe. No concerto de Pontevedra haberá entradas VIP a 45 euros que permitirán escoitar aos fans dúas cancións da proba de son e facer fotografías co artista  

Calum
Calum / Pep's Music Group 2015

Ten 13 anos pero leva media vida cantando. O seu nome artístico é Calum e o 5 de marzo de 2016 actuará no Pazo da Cultura para todo o público que se queira achegar ata o auditorio da Xunqueira. Este mozo granadino presentouse a La Voz Kids, o programa de televisión que lle provocou un cambio de vida.

David Bisbal díxolle: "Xa quixese eu, á túa idade, cantar como ti e encima acompañado dunha guitarra". Coa axuda da estrela de Almería, Calum Heaslip logrou realizar un concurso exitoso que lle levou a fichar pola casa discográfica Pep's Records, coa que traballan artistas tan populares como Malú, Manu Tenorio ou Gemeliers.

Co seu disco 'Hey Babe', publicado en febreiro de 2015, está a lograr un importante éxito dentro do pop xuvenil en España e en América do Sur. O álbum conta con 11 temas con cancións como a que dá título ao traballo discográfico, La nube en la que vivo, Contigo ou Go go.

Xa se atopan á venda as entradas para este concerto no Pazo da Cultura.

Os organizadores estableceron a través de Ticketea unha entrada xeral de 25 euros máis gastos de xestión e entradas VIP a un prezo de 45 euros para a zona A, con ela os seguidores do novo cantante terán dereito a acceso preferente ás dúas últimas cancións da proba de son e a facerse unha foto co artista. As portas do auditorio abriranse ás 20.30 horas e o concerto comezará ás 21.00 horas.