Cando as palabras rematan agroma a música das bandas

Pontevedra
21 de xuño 2019

A Unidade de Música da Escola Naval Militar de Marín e a Banda de Música de Pontevedra ofrecían este xoves na praza do Teucro un concerto conxunto cun programa centrado na Suite para Orquestra Sinfónica 'O Olimpo dos deuses', de Óscar Navarro coa intervención da narradora Cristina Collazo 

'Cando as palabras rematan': Concerto da Banda de Música de Pontevedra e da Unidade de Música da Escola Naval de Marín
'Cando as palabras rematan': Concerto da Banda de Música de Pontevedra e da Unidade de Música da Escola Naval de Marín / Diego Torrado

Dentro do ciclo Son na Rúa, a Banda de Música de Pontevedra ofrecía na tarde noite deste xoves un concerto na praza do Teucro en colaboración coa Unidade de Música da Escola Naval Militar de Marín.

Baixo o título de 'Cando as palabras rematan', os músicos de ambas bandas interpretaron a Suite para Orquestra sinfónica 'O Olimpo dos deuses', do compositor Ócar Navarro.

Baixo a dirección de Juan Luis Costas Martínez e Rafa Agulló, as dúas agrupacións ofreceron a súa versión das dez pezas que integran a suite coa colaboración da actriz Cristina Collazo como narradora.

A próxima actuación prevista da Banda de Música de Pontevedra será o 4 de xullo ás 21.00 horas, tamén na Praza do Teucro co Obradoiro de Herdanzas, un concerto en colaboración coa Banda de gaitas Xarabal.