Cando o leghón atrona na praza de España

Pontevedra
06 de abril 2019

Centos de persoas pasaron ao longo deste sábado pola carpa situada diante da Alameda para cantar, bailar e probar produtos tradicionais galegos con motivo do décimo aniversario da Aña Urbana, que organiza a asociación cultural Trépia

Décimo aniversario da Aña Urbana
Décimo aniversario da Aña Urbana

A Aña Urbana celebraba este sábado o seu décimo aniversario cunha exhibición da cultura tradicional. Centos de persoas pasaban pola carpa situada na praza de España para gozar da música tradicional, das actividades, bailes, rutas e degustación de produtos típicos de Galicia.

Este festival, que organiza a asociación cultural Trépia en colaboración coa concellería de Festas, permitiu que escolares e adultos deran mostra da súa arte tocando desde a pandeireta á sacha e o leghón, golpeados por unha pedra.

Ao mesmo tempo ofreceron cantares específicos e a exxecución do baile do ramo, en que un mozo invita a bailar ás mulleres cun ramo de loureiro.

A Aña Urbana recolle costumes tradicionais que se relacionan cos traballos do labrado propios do mes de abril.