Carballedo acolle unha exposición sobre a figura de Antonio Fraguas

Cerdedo Cotobade
04 de novembro 2019

A colección estará dispoñible no pavillón multiusos da capital de Cerdedo - Cotobade durante toda a semana

Inauguración da exposición sobre Antón Fraguas en Cerdedo - Cotobade
Inauguración da exposición sobre Antón Fraguas en Cerdedo - Cotobade / Concello de Cerdedo-Cotobade

O salón multiusos de Carballedo, no municipio Cerdedo-Cotobade, acolle desde este luns a exposición, promovida polos colectivos Egeria e Galicia Dixital, co apoio da Consellería de Cultura e Turismo; "Os nove anos de Fraguas en Lugo". Un proxecto expositivo itinerante composto por doce paneis, que se completa cun libro recompilatorio de textos de antigos alumnos deste mestre cotobadés.

A iniciativa está enmarcada nos actos da programación conmemorativa das Letras Galegas 2019. A colección funciona como un achegamento á pegada que o profesor deixou durante a súa estancia na cidade das murallas.

Poderá visitarse durante toda a semana no municipio pontevedrés.