Os Concertos do Xacobeo achegan a arte de Carlos Núñez, considerado como un dos mellores gaiteiros do mundo, ata Vilanova de Arousa e Marín.
A Xunta de Galicia dálle cobertura estas citas do músico este verán no Pazo Baión, o 24 de xullo, e na Finca de Briz o 31 de xullo.
Concertos do Xacobeo apoia así unha das citas máis especiais da música galega este ano: a nova xira de Carlos Núñez, un percorrido emocional e musical polos espazos con alma da nosa terra.
O carisma de Carlos Núñez, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, transcendendo con fartura os límites habituais dos seus instrumentos: a gaita e as frautas.
Agora ofrece un novo e singular directo, nun marco patrimonial que arroupará como ningún outro aos seus máxicos sons.