Carmen Maura chega a Pontevedra coa obra "La golondrina"

Pontevedra
10 de febreiro 2020

Carmen Maura, unha das actrices máis recoñecidas do cinema e o teatro español, virá moi pronto a Pontevedra. Ela é a protagonista da obra La golondrina, que se representará no auditorio de Afundación o próximo 21 de febreiro, ás 20.30 horas

Carmen Maura, en una escena de "La golondrina"
Carmen Maura, en una escena de "La golondrina" / Afundación

Carmen Maura, unha das actrices máis recoñecidas do cinema e o teatro español, virá moi pronto a Pontevedra. Ela é a protagonista da obra La golondrina, que se representará no auditorio de Afundación o próximo 21 de febreiro, ás 20.30 horas.

En La golondrina, Maura comparte escenario co actor catalán Dafnis Balduz.

A obra reúne a dous personaxes, Amelia e Ramón. A primeira, unha severa profesora de canto, recibe na súa casa a un mozo que desexa mellorar a súa técnica vocal para cantar no memorial da súa nai falecida recentemente.

A canción elixida ten un significado especial para el e, ao parecer, tamén para a muller quen, a pesar das súas reticencias iniciais, accede a axudar ao alumno.

A medida que a tarde avanza, os dous personaxes van descubrindo detalles sobre o seu pasado, profundamente marcado por un atentado terrorista de signo islamita que sufriu a cidade.

As entradas para esta representación están á venda na plataforma Ataquilla.com.