Castrolandín, escenario de tres espectáculos do Festival Atlántica

Umia
07 de xullo 2021

Cuntis será un dos escenarios nos que se desenvolverá a novena edición do Festival Atlántica que, debido á covid-19, decidiu repartir as súas actividades por diferentes espazos públicos ao aire libre. Acollerá tres espectáculos que terán lugar esta fin de semana, os días 9 e 10 de xullo

Castrolandín
Castrolandín / Concello de Cuntis

O castro de Castrolandín, en Cuntis, será un dos escenarios nos que se desenvolverá a novena edición do Festival Atlántica que, debido á covid-19, decidiu repartir as súas actividades por diferentes espazos públicos ao aire libre.

Acollerá tres espectáculos que terán lugar esta fin de semana, os días 9 e 10 de xullo.

Dous deles serán o venres 9. É o caso da actuación de Avelino González "Contos no camiño", ás 20.30 horas, a a de Cándido Pazó, "Como dicía o outro", ás 21.30 horas. 

Ao día seguinte, será Paula Carballeira a que ofreza o espectáculo "Historias de Arrepíos", neste caso ás 22.30 horas. 

A directora do festival, Sole Felloza, explicou que esta edición abandonará as salas e tomará parte no "rico patrimonio material" de Galicia, como é o caso do castro de Castrolandín. 

As entradas poderán reservarse por medio de Eventbrite ou na propia Fundación Terra Termarum. 

A maiores, na web de Atlántica estará dispoñible un mapa interactivo con todas as sedes xeolocalizadas e información adicional dos concellos, así como un caderno de a bordo de 36 páxinas con todas as persoas colaboradoras.