Catro estaciones para clausurar o ciclo Summum Teatro

Pontevedra
27 de novembro 2016

O Centro Coreográfico Galego foi o encargado de poñer fin á terceira edición do ciclo Summum Teatro no Pazo da Cultura cun espectáculo de danza contemporánea baseado en As catro estaciones de Vivaldi.

Representación de 'As catro estaciones' no Pazo da Cultura
Representación de 'As catro estaciones' no Pazo da Cultura / Diego Torrado

O Pazo da Cultura puxo punto e final este sábado ao ciclo Summum Teatro, no seu terceiro ano de vida.

Fíxoo da man do Centro Coreográfico Galego, que representou no auditorio pontevedrés un espectáculo de danza contemporánea baseado en As catro estaciones de Vivaldi, con coreografía de Kenneth Tindall e Íker Gómez.

A escenografía combinou imaxes das catro provincias galegas, asociando a primavera á Coruña, o verán a Pontevedra, o outono a Ourense e o inverno a Lugo.

O espectáculo supuxo a cuarta cita de Summum Teatro, que este ano combinou a partes iguais a danza e o teatro.