Celme recorda os seus 30 anos de vida

Pontevedra
28 de decembro 2014

A Agrupación Folclórica Celme fixo un repaso pola súa vida nunha gala na que actuaron os seus compoñentes actuais e pasados e na que o acompañaron como convidados de honra o Grupo Carallana de Cariñena (Aragón) e o Grupo de Gaitas Esbardu de Avilés (Asturias)

Celebración da gala do XXX aniversario da agrupación folclórica Celme en Afundación
Celebración da gala do XXX aniversario da agrupación folclórica Celme en Afundación / Diego Torrado

A Agrupación Folclórica Celme suma xa 30 anos de historia dende o seu nacemento en Pontevedra e este sábado quixo facer un repaso pola súa vida nunha gala na que actuaron os seus compoñentes actuais e pasados e na que o acompañaron como convidados de honra o Grupo Carallana de Cariñena (Aragón) e o Grupo de Gaitas Esbardu de Avilés (Asturias).

A gala de aniversario, celebrada no auditorio da sede de Afundación en Pontevedra, tivo un marcado carácter innovador, cunha posta en escena que dende a propia agrupación describen como fresca e cun ritmo vibrante.

O espectáculo, que sorprendeu os pontevedreses que quixeron asistir á conmemoración, fixo un repaso á riqueza da cultura galega que dende Celme recolleron durante os seus longos anos de dedicación a través da música, o canto e o baile. E tivo un recordo para os 14 países nos que actuou.

Participarán tamén como convidados diferentes ex compoñentes da asociación como o recoñecido gaiteiro Oscar Ibáñez. O resultado foi un espectáculo variado, entretido e animado.