O Museo de Pontevedra programa o próximo venres 20 de setembro ás 19:00 horas a actuación do narrador oral Celso Fernández Sanmartín, que presentará 'Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos'.
A partir da exposición que acolle o Museo, trazará vinculacións con historias e contos da tradición oral. A actuación será no Edificio Castelao, con acceso libre ata completar aforo.
Celso Fernández Sanmartín (Lalín, 1969) estudou Filosofía en Santiago de Compostela. Desenvolveu un intenso traballo asociativo e tamén como animador sociocultural con persoas maiores.
Defínese como horticultor e "colleitador e contador de contos e historias de vida de tradición oral". Como poeta publicou varios libros, entre eles 'A cama do meu avó Manuel Sanmartín Méndez' (2018) e 'A cousa eterna' (2023).
Como narrador oral levou as súas historias por toda Galicia e en 2022 recibiu o Premio Rebulir da Cultura Galega.
Fernández Sanmartín enlazará a exposición 'A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía', con historias procedentes da cultura oral galega.
A exposición se pode visitar ata o 29 de setembro no Edificio Castelao.