As Letras Galegas celebraranse en Cerdedo-Cotobade cunha Primavera Teatral que incluirá doce actuacións e formará parte do programa cultural de abril e maio no municipio.
As actuacións incluirán espectáculos moi variados con teatro infantil e de adultos, monólogos, narración oral, contacontos, cine e festivais musicais. Celebraranse entre o 7 de abril e o 27 de maio e terán lugar na sala multiusos do IES de Cotobade, na parroquia de Tenorio, e no Centro Cultural de Cerdedo.
A completa programación para abril e maio manterá o seu formato habitual e permtirá ver en Cerdedo-Cotobade a actores, actrices e artistas de primeiro nivel do panorama galego, como Xulio Abonjo, Isabel Risco, Tito Rober ou Candido Pazó, entre outros.
Todas as actuacións teñen entrada de balde e están pensadas para un público familiar.
| Espectáculo | Xénero | Día | Hora | Lugar |
| Departamento de selección | Teatro | Sábado 7 de abril | 20.00 | C.C. Cerdedo |
| A casiña de acollida | Contacontos | Sábado 14 de abril | 19.30 | C.C. Cerdedo |
| Tadeo Jones 2 | Cine | Sábado 21 de abril | 19.30 | C.C. Cerdedo |
| A biblioteca segreda | Narración oral | Domingo 22 de abril | 18.00 | IES Cotobade |
| III Festival de Bandas | Música | Sábado 28 de abril | 18.30 | C.C. Cerdedo |
| Estás aí? | Teatro | Domingo 29 de abril | 18.00 | IES Cotobade |
| A nena que quería navegar | Teatro | Domingo 6 de maio | 18.00 | IES Cotobade |
| Tito Rober | Monólogo | Domingo 13 maio | 18.00 | IES Cotobade |
| Escola infantil e xuvenil | Teatro | Domingo 13 maio | C.C. Cerdedo | |
| Cándido Pazó | Contacontos | Xoves 17 de maio | 18.00 | IES Cotobade |
| V Festival Tradicional | Música | Sábado 19 de maio | C.C. Cerdedo | |
| Pum Pum | Teatro | Domingo 27 maio | C.C. Cerdedo |