Charo López volverá en febreiro a Pontevedra co recital "Verso a verso"

Pontevedra
19 de xaneiro 2023

Apenas dous meses despois de amadriñar a exposición A cidade é a pegada, a actriz Charo López regresará a Pontevedra. Farao o próximo sábado 4 de febreiro, a partir das nove da noite, co recital "Verso a verso" que acollerá o Pazo da Cultura. Contará coa colaboración do barítono Luis Santana e do pianista Víctor Carbajo

Recital de Charo López no Pazo da Cultura de Pontevedra
Recital de Charo López no Pazo da Cultura de Pontevedra / Mónica Patxot

Apenas dous meses despois de amadriñar a exposición A cidade é a pegada, a actriz Charo López regresará a Pontevedra. Farao o próximo sábado 4 de febreiro, a partir das nove da noite, co recital "Verso a verso" que acollerá o Pazo da Cultura.

Este espectáculo forma parte da programación en torno a esta mostra e contará coa colaboración do barítono Luis Santana e do pianista Víctor Carbajo.

Lorca, Antonio Machado, Miguel Hernández ou Santa Teresa de Jesús son algúns dos autores que, na voz e na interpretación de Charo López, van ecoar en Pontevedra.

"A poesía funciona como unha fotografía capaz de recoller en palabras, nun instante, nun golpe de luz, as imaxes que enfoca. Só a poesía salva do esquecemento", reza a presentación deste espectáculo poético-musical.

Defenden que unha nación e unha cultura "poden reconstruír o seu pasado, presente e futuro na medida en que a poesía as retrata coas súas palabras".

As entradas xa están a venda en Ataquilla.com, cun prezo xeral de 12 euros e reducido de 4 euros para estudantes, desempregados e maiores de 65 anos.