'Charri' ofrece outra exposición fotográfica con 'En Bueu, onde se non?'

Bueu
12 de xullo 2026

Estará aberta entre o 17 e o 31 de xullo na Sala Amalia Domínguez Búa

A concelleira de Cultura Carmen García na presentación da exposición
A concelleira de Cultura Carmen García na presentación da exposición / Concello de Bueu

'En Bueu, onde se non?' é o título da exposición fotográfica de Salvador Santos 'Charri' que estará aberta ao público entre o 17 e o 31 de xullo na Sala Amalia Domínguez Búa de Bueu.

A proposta quere visibilizar o labor social de home e mulleres de Bueu, quen coa súa acción fan do municipio "un pobo mellor".

O autor dedicou un ano para traballar neste proxecto que achega a través de fotografías a 23 persoas que desenvolven labores sociais na vila buenense.

Así, alén das imaxes expostas, tamén se inclúe un libro con vivencias e recordos das persoas retratadas a través de conversacións mantidas co fotógrafo.

Salvador Santos 'Charri', é oriúndo de Bueu e procede de familia mariñeira. De neno xa empezou a traballar na pesca de baixura xunto ao seu pai. Máis adiante coa flota bacallaeira percorreu os caladoiros de Gran Sol, Nova York, Canarias, Sudáfrica ou Arxentina. Xubilouse en 2007.

Desde entón comezou a desenvolver a súa afección pola fotografía, tendo no seu haber outras exposicións anteriores vinculadas á memoria de Bueu a través das súas xentes.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora