Chega a Pontevedra o musical 'Yo me bajo en la próxima, ¿y usted?'

Pontevedra
04 de marzo 2023

Será o venres 10 de marzo a partir das 20:00 horas e contará coas interpretacións de Leo Washington e Miranda Colado, e a dirección de Javier Gómez-Pioz  

Cartaz da obra Yo me bajo en la próxima, ¿y usted?
Cartaz da obra Yo me bajo en la próxima, ¿y usted?

Chega á Sede Afundación de Pontevedra a representación de 'Yo me bajo en la próxima, ¿y usted?', de Adolfo Marsillach.

Será o venres 10 de marzo a partir das 20:00 horas e contará coas interpretacións de Leo Washington e Miranda Colado, e a dirección de Javier Gómez-Pioz.

As entradas para esta divertida comedia musical pódense adquirir en Ataquilla.com a partir de 22 euros.

Esta obra fai un percorrido polo noso pasado máis recente a través da vida dunha parella divorciada que, pasados os 50, diríxense ao público para lembrar con moito humor as experiencias que os levaron ata o presente.

A obra, escrita por Adolfo Marsillach, "é unha proposta que convida a rir, cantar e sobre todo, a lembrar unha época da nosa vida, que xa é historia".