Cinema na lúa propón cinco sesións ao aire libre na Pedreira

Pontevedra
02 de xullo 2018

Pontevedra entra de cheo, coa chegada do mes de xullo, nas súas Festas de Verán. Faino, a partir deste martes día 2, co inicio do ciclo Cinema na lúa

Escena da película "12 años de esclavitud"
Escena da película "12 años de esclavitud" / PontevedraViva

Pontevedra entra de cheo, coa chegada do mes de xullo, nas súas Festas de Verán. Faino, a partir deste martes día 2, co inicio do ciclo Cinema na lúa.

Trátase dunha actividade que consiste na proxección de cinco películas ao aire libre. Será na Praza da Pedreira, a partir das once da noite.

A programación é a seguinte:

  • Martes 3 de xullo: Take shelter. Drama / Thriller
  • Mércores 4 de xullo: Nuestro último verano en Escocia. Comedia dramática
  • Xoves 5 de xullo: 12 años de esclavitud. Drama
  • Venres 6 de xullo: El extraordinario viaje de T.S Spivet. Aventuras
  • Sábado 7 de xullo: La princesa prometida. Aventuras / comedia

 

O acceso a todas estas proxeccións é de balde.