Comeza a 'Música contada', concertos didácticos para a familia no Palco da Alameda

Pontevedra
28 de xuño 2021

Desde este luns ata o xoves van desenvolverse estas actuacións musicais a partir das 12.30 horas. O ciclo iniciouse coa actuación de Odaiko sinfónico. O martes chega a quenda de Xosé Lois Romero, Suso Vaamonde e os 24 instrumentos populares

'Música contada' con Odaiko sinfónico
'Música contada' con Odaiko sinfónico / Mónica Patxot

Este luns comezaba o ciclo de 'Música contada', un evento que utiliza o Palco da Música da Alameda para ofrecer concertos didácticos dedicados ao público familiar e infantil con motivo das vacacións estivais.

Trátase dunha nova proposta da concellería de Festas dentro da programación das Festas de Verán, que se desenvolverá desde este luns 28 ata o xoves 1 de xullo, todos os días neste espazo ás 12.30 horas.

O programa iniciábase coa actuación de Odaiko Sinfónico, que integra os instrumentos de percusión no conxunto de agrupacións clásicas ou de bandas. O grupo ofreceu unha reinterpretación centrada na percusión sobre obras clásicas.

Este martes 29 actuarán Xosé Lois Romero, Suso Vaamonde e os 24 instrumentos populares. Xa o mércores 30 será a quenda de Mamá Cabra &  Bellón Maceiras co espectáculo 'A música das buguinas'.

A última xornada chegará o xoves co concerto de Suelen Start Quartet, un cuarteto de violín, viola, cello e contrabaixo.

Todos os concertos son gratuítos e ao aire libre mantendo as medidas sanitarias con cadeiras instaladas nas inmediacións do Palco da Música para seguir as actuacións musicales.