O Mosteiro de Poio acollía a últimas horas da tarde do martes 2 de xaneiro o concerto de Aninovo dentro da programación do Nadal do Concello de Poio.
Este recital destinado a público adulto con entrada libre foi unha gran oportunidade para escoitar as voces das persoas integrantes da Coral de Poio; da Coral Virxe de Fátima e do Coro Virxe da Renda.
Ademais, o músico Rosolino Martinello interpretou co seu saxofón interludios denominados 'Jazz á luz das candeas' neste concerto cunha imaxe visual curiosa ao tocar rodeado de velas situadas sobre o pavimento do recinto eclesiástico.
O concerto foi presentado por Ángeles Torres Esperón. Entre o público asistente atopábase o alcalde de Poio, Ángel Moldes.
Este mércores continuuarán as actividades en Poio con pasacalles da agrupación Vides Novas a partir das 17.00 horas.
A continuación terá lugar 'A Fedelleneta do Nadal', a partir das 18.00 horas, con Tere e Javi Solla Animación. Trátase dun espectáculo para público familiar que se desenvolverá na Aldea do Adro, no Adro da Igrexia en San Salvador.
A partir das 20.00 horas, 'Máis Cantos de Reis', da man da asociación cultural Máis Cantos.
Trátase dun recital previsto no espazo municipal do Palacete Besada, na parroquia de San Salvador.