Concerto de Ara Malikian en Pontevedra con entradas desde 56 euros

Pontevedra
08 de xaneiro 2024

O violinista Ara Malikian actuará en Pontevedra dentro da súa xira mundial. Será o próximo 24 de febreiro no Auditorio de Afundación

Ara Malikian
Ara Malikian / Anton Corbijn

O violinista Ara Malikian actuará en Pontevedra dentro da súa xira mundial.

Será o próximo 24 de febreiro no Auditorio de Afundación e a un prezo mínimo desde 56 euros a entrada.

Trátase dunha xira que, en palabras do propio artista, "é o resultado de ver crecer ao meu fillo, é o resultado do meu crecemento ao seu lado, son todos eses sons e melodías que tentan darlle forma ao que sentín e inspiroume del e da vida a través del. É un encontro co neno que non puiden ser e soñase ser".

O violinista español de orixe libanesa e ascendencia armenia explica que "esta xira está chea de dinosauros, luras robóticas, máquinas do tempo, pianos voadores e mimos bilingües, este disco é iso que eu esquecera e que é tan poderoso; a Maxia de atopar fascinantes cada día e cada senda, traian o que traian".