Concorrida estrea da exposición sobre o Castelao artista

Pontevedra
02 de abril 2016

O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acollerá ata xuño unha mostra dos primeiros anos como artista de Castelao, baixo o título 'Castelao Artista: Os fundamentos do seu estilo (1905-1920)'

Inauguración da exposición 'Castelao Artista: Os fundamentos do seu estilo (1905-1920)' Diego Torrado

O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra recibiu a un grande número de visitantes na inauguración dunha esperada exposición sobre os primeiros anos de Castelao como artista.

A mostra, co títutlo 'Castelao Artista: Os fundamentos do seu estilo (1905-1920)', está composta por 96 obras distribuídas en tres salas, a primeira vez que se poden ver xuntas todas as obras de gran formato de Castelao que se conservan en Galicia.

A exposición percorre a traxectoria vital e artística de Castelao nos seus primeiros anos como artista. 

Incluída dentro dos actos do Ano Castelao, a mostra poderá visitarse ata o próximo mes de xuño. A súa inauguración coincidiu coa celebración en Pontevedra do acto central do Día das Artes Galegas, organizado pola Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA).