Helena Rodríguez do departamento de Educación do Museo de Pontevedra é a encargada este luns nunha nova entrega de #aportapechada do Museo de Pontevedra de explicar este luns 9 unha interesante obra situada no Sexto Edificio. Trátase da efixie de Suero Gómez de Soutomaior.
Suero pertencía a unha das familias medievais máis importantes en Galicia, protagonista dalgún dos máis importantes conflitos na segunda metade do século XV. Entre elas atópase a loita contra o arcebispo Fonseca polo dominio da vila de Pontevedra. En leste caso Suero participaba acompañando ao seu coñecido primo Pedro Madruga.
Este aristócrata nado en Rianxo e falecido en Pontevedra quixo que o seu último descanso fose na iglexia de San Domingos, xunto aos seus principais familiares, pero finalmente realizouse no exterior pola falta de espazo, como explica Helena Rodríguez no vídeo. O arco que tamén se atopa no Museo é unha réplica do orixinal que se pode visitar no monumento das Ruínas.
O testamento de Suero Gómez de Soutomaior tamén se atopa no Museo e nel recóllese a súa especial devoción por santo Tomás e santa Catalina. A figura do sepulcro recolle a representación do fillo de Paio Gómez de Soutomaior deitado coa cabeza sobre dúas almofadas cun leve sorriso, coñecido como o sorriso bobo, que mostra que se atopa nun descanso pracenteiro, acompañado pola súa espada.