Convocan unha nova edición do FEST, o concurso do Local de Música

Pontevedra
05 de febreiro 2016

O 19 de marzo é a data escollida para a celebración dunha nova edición del FEST, o concurso do Local de Música para promover a escena musical emerxente. Este certame busca poñer en valor a creación musical de base, organizando un evento nun espazo emblemático da cidade como é o Teatro Principal

Fest 2015 no Teatro Principal
Fest 2015 no Teatro Principal / Diego Torrado

O 19 de marzo é a data escollida para a celebración dunha nova edición del FEST, o concurso do Local de Música para promover a escena musical emerxente.

Este certame busca poñer en valor a creación musical de base, organizando un evento nun espazo emblemático da cidade como é o Teatro Principal.

Oito grupos seleccionados previamente por un xurado cualificado e representativo farán unha actuación breve duns quince minutos para mostrar o seu espectáculo.

Un xurado concederá un dos premios que consiste na gravación dun videoclip cunha produtora audiovisual. O público asistente votará e concederá outro premio, que consistirá nunha actuación remunerada na cidade. O festival pecharase cunha actuación dun grupo convidado. 

Poderán participar todas aquelas bandas ou solistas con compoñentes con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos que non teñan, no momento da inscrición, ningunha publicación cun selo discográfico.

A inscrición é totalmente gratuíta e farase unicamente desde un formulario online que se pode cubrir no web do Local de Música.

Poderanse presentar as solicitudes ata o 29 de febreiro.