'Cousas de Castelao', pecha o Ciclo de Outono teatral este domingo en Sanxenxo

Sanxenxo
09 de decembro 2016

Trátase dun espectáculo para todos os públicos cunha entrada que ten un prezo de 4 euros. Dará comezo ás 20.00 horas e ao remate vai entregarse a cada un dos espectadores un exemplar dunha obra de Castelao

'Cousas de Castelao', de Quinquilláns
'Cousas de Castelao', de Quinquilláns / Editorial Galaxia

A obra de 'Cousas de Castelao', a cargo da compañía Os Quinquilláns, que se representará este domingo 11 ás 20.00 horas será o broche de ouro do Ciclo de Outono que desde o pasado 5 de novembro desenvólvese no Pazo Emilia Pardo Bazán. Máis de 500 persoas gozaron durante estas xornadas das representacións variadas a cargo de grupos afeccionados e tamén de profesionais.

Os Quinquilláns representa en 'Cousas de Castelao' a historia dunha servidora fiel da familia do ilustre galeguista, que coidou durante décadas á irmá máis nova de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en Rianxo. Ela e un veciño despiden as cousas lembrando os contos que naceron ao redor destes obxectos a través de música, pintura e emocións.

A obra é para todos os públicos e a entrada terá un prezo de 4 euros. Ao remate da representación está previsto que os asistentes reciban un exemplar dunha das obras de Alfonso Rodríguez Castelao.