"Cuarenta años después Ilegales estamos aquí"

Pontevedra
21 de agosto 2022

En pleno estado de forma, Ilegales ofreceron en Pontevedra un percorrido polas cancións máis coñecidas da súa carreira ao tempo que presentaron o seu último disco, La lucha por la vida, editado este mesmo ano

Concerto de Ilegales
Concerto de Ilegales /

Sobre o escenario da Praza de España o líder da banda, Jorge Martínez dicíalle ao público: "Cuarenta años después Ilegales estamos aquí", reivindicando deste xeito o seu nacemento como grupo de rock dos principios dos 80 que fuxía do pop e da chamada movida.

Os asturianos centraban o seu son en melodías máis contundentes e roqueiras, con letras que amosan unha visión crítica, crúa e esperpéntica da realidade.

En pleno estado de forma, Ilegales ofreceron en Pontevedra un percorrido polas cancións máis coñecidas da súa carreira ao tempo que presentaron o seu último disco, La lucha por la vida, editado este mesmo ano.