Cuestións técnicas obrigan a trasladar o concerto de Zahara e Martí Perarnau IV en Karma a Boiro

Pontevedra
23 de novembro 2023

O concerto de _Juno, o proxecto musical de Zahara e Martí Perarnau IV, trasládase á sala A Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro este sábado 25, dentro do ciclo de Directos Vibra Mahou. O acceso será libre ata completar a capacidade do recinto. Inicialmente estaba prevista a celebración na sala Karma de Pontevedra pero foi necesario suspender o concerto debido a cuestións técnicas do espazo

Concerto de Zahara
Concerto de Zahara /

_Juno, o proxecto musical de Zahara e Matí Perarnau IV, estaba previsto que se presentase na noite do sábado 25 na sala Karma de Pontevedra. Pero finalmente cuestións técnicas obrigaron os organizadores a que este concerto no que se ofrecen temas do segundo disco deste dúo sexa trasladado ao municipio coruñés de Boiro.

O lugar de celebración será a sala A Pousada da Galiza Imaxinaria con acceso libre ata completar a capacidade do espazo.

Ás 21.00 horas do sábado 25 abriranse as portas do recinto e, unha hora máis tarde, iniciarase o concerto.

Esta actuación musical forma parte do ciclo en salas que impulsa Vibra Mahou coa idea, nesta ocasión, de presentar _BCN747, o novo álbum destes dous artistas no que convidan a bailar nun limbo particular onde sempre está a piques de amencer.

CAMBIO DE UBICACIÓN DA CONFERENCIA DE ZAHARA

Tamén cambiouse a localización da conferencia que Zahara ofrecerá con motivo da programación do 25N en Pontevedra.

Estaba previsto inicialmente que se realizase no antigo convento de Santa Clara pero debido ás obras de reparación das pingueiras, o Concello de Pontevedra anuncia que a charla é trasladada de espazo.

Finalmente, este encontro entre a xornalista Susana Pedreira e a cantante andaluza será ás 13.00 horas do sábado 25 no vestíbulo do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.