Culturea nace como novo plan provincial para apoiar os colectivos culturais cun investimento dun millón de euros

Pontevedra
15 de decembro 2023

Luís López, presidente da Deputación de Pontevedra, subliña que a partida reservada para este programa para 2024 aumenta un 25% a partida en comparación co consignado para estas actividades durante este ano

Actividade cultural organizada pola Deputación de Pontevedra
Actividade cultural organizada pola Deputación de Pontevedra / Deputación de Pontevedra

O plan de apoio da Deputación de Pontevedra ao sector cultural renóvase e pasa a denominarse 'Culturea'. Luis López, presidente provincial, presentaba este venres a proposta para apoiar tanto ás entidades sen ánimo de lucro como ás agrupacións culturais que desenvolven actividades relacionadas coa cultura popular e coas tradicións nos distintos municipios de Pontevedra.

O orzamento previsto ascende a un millón de euros, un 25% máis do consignado para o 2023, segundo indicou López.

"Culturea é o herdeiro dos plans de apoio que se veñen poñendo en marcha na Deputación desde os anos 80, incluído o Pontegal e adeamis é o programa cultural máis ambicioso desde o punto de visita orzamentario", explicou o presidente provincial.

Indicou que estas axudas destinaranse a cubrir as demandas das asociacións veciñais, celebracións gastronómicas, reunións de barrios e comisións de festas

Tamén se reforzará a difusión das actividades a través da páxina web da Axenda Cultural da Deputación e contarán con perfís propios nas redes sociais. Ademais, a Deputación ten previsto ofrecer facilidades para a impresión e o deseño de carteis.