Desde este xoves 27 de outubro pódense adquirir as entradas para o concerto especial do Culturgal 2022, o #CulturgalSon15.
Trátase dun evento que reunirá a artistas como Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore e que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra o sábado 26 de novembro a partir das 20.00 horas.
Electrónica, pop e tradición daranse a man para celebrar a diversidade da música galega "nunha sesión única e singular", sinala a organización.
As entradas poden comprarse a un prezo de 8 euros en cultur.gal, dando ademais acceso os billetes á feira que terá lugar en Pontevedra do 24 ao 27 de novembro.