Cuntis acolle a presentación do libro de Calros Solla "Crónica da Galiza bizarra"

Umia
15 de xuño 2022

O volume recolle 125 microhistorias aparecidas na prensa galega dende 1848 e 1968

Portada do libro de Calros Solla "Crónica da Galiza bizarra"
Portada do libro de Calros Solla "Crónica da Galiza bizarra"

A Casa de Cultura Roberto Blanco Torres acollerá este venres a presentación do libro de Calros Solla "Crónica da Galiza Bizarra" nun acto que comezará ás 21 horas e que contará coa actuación musical da Escola de Zanfonas “Suso Vaamonde”.

A presentación correrá a cargo do xornalista Fernando Salgado e nela intervendrán o autor do libro, Calros Solla; o editor Moisés García; e o alcalde de Cuntis, Manuel Campos Velay. 

"Crónica da Galiza Bizarra" reúne, ao longo de 120 anos, 125 microhistorias misteriosas e sorprendentes, fabulosas e extraordinarias en sentido amplo; aparecidas na prensa galega de aquí e de alén mar.

Neste volume ordénanse, dende o ano 1848 até o ano 1968, unha centena de textos xornalísticos, devindos por decantación en relatos breves.

Por outra banda, este mércores o alcalde Manuel Campos acudiu xunto a presidenta da Fundación Terra Termarum Castrolandín e Elena Cerviño da Asociación Amigos dos Castros á presentación da X Edición do Festival Atlántica na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora