Da heroína ao fentanilo, o percorrido de Víctor Méndez polos 'traficantes da morte'

Pontevedra
10 de setembro 2020

A avenida de Santa María converteuse no improvisado escenario ao aire libre no que o xornalista pontevedrés Víctor Méndez presentou o seu segundo libro, 'Traficantes de la muerte. De la heroína al fentanilo'

Víctor Méndez presenta o seu segundo libro
Víctor Méndez presenta o seu segundo libro

A avenida de Santa María converteuse no improvisado escenario ao aire libre no que o xornalista pontevedrés Víctor Méndez presentou o seu segundo libro, 'Traficantes de la muerte. De la heroína al fentanilo'.

O xornalista de Diario de Pontevedra, especializado en temas de narcotráfico, estivo acompañado no acto polo xefe da unidade GRECO Galicia, Emilio Rodríguez, e polo xerente da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, Fernando Alonso.

No libro, Víctor Méndez analiza o percorrido que alcanzaron en España dous dos compostos más aditivos e perigosos, a heroína e o fentanilo, ambos derivados do opio, que xeran no noso país máis de mil mortes cada ano.

'Traficantes de la muerte. De la heroína al fentanilo', ademais de analizar a incidencia destas drogas en España, debulla varios episodios e epidemias que ocorreron en países como Alemaña ou Estados Unidos.

Tamén se repasa no libro a historia dos opiáceos desde o seu uso nas civilizacións máis antigas ata a chegada de novos derivados como o fentanilo, poñendo caras, nomes e apelidos ás persoas que producen e comercian con estas drogas.

A presentación en Pontevedra deste libro, editado por Los Libros de la Catarata, estivo organizada pola Libraría Paz.