Danza e moita imaxinación, no Festival das Cóxegas con "¿Cuál es mi nombre?"

Pontevedra
21 de novembro 2016

Un espectáculo de danza contemporánea. É a proposta que ofreceu este domingo o Festival das Cóxegas aos espectadores pontevedreses. O Pazo da Cultura acolleu a representación de ¿Cuál es mi nombre?, da compañía Da.Te Danza

Representación do espectáculo "¿Cuál es mi nombre" no Festival das Cóxegas
Representación do espectáculo "¿Cuál es mi nombre" no Festival das Cóxegas /

Un espectáculo de danza contemporánea. É a proposta que ofreceu este domingo o Festival das Cóxegas aos espectadores pontevedreses. O Pazo da Cultura acolleu a representación de ¿Cuál es mi nombre?, da compañía Da.Te Danza.

Dirixido por Omar Meza e Rosa Díaz, este espectáculo de danza e interpretación vira ao redor da idea de que a identidade se fortalece cos anos, pero a túa esencia está en ti desde que naces. Amas, ris e choras, e non importa a túa roupa, de onde veñas ou cal é o teu nome.

A través do movemento, os integrantes de Da.Te Danza levaron aos pontevedreses a un mundo que espertou a imaxinación de nenos e adultos cun espectáculo no que as palabras foron o fío condutor desta historia que se conta a través da danza.

O Festival das Cóxegas despedirase o vindeiro domingo 27 de novembro coa representación de Amour, de Marie de Jongh. Trátase dun espectáculo teatral que nos fai reflexionar sobre a delgada liña que existe entre a desafección e o amor incondicional.