De Vacas entusiasman coas súas versións galegas e irónicas dos grandes éxitos comerciais

Pontevedra
10 de agosto 2022

Co seu estilo divertido e desenfadado, a banda galega interpretou as súas características versións de temas populares e moi comerciais de artistas como Nathy Peluso, Rosalíaa, Luis Fonsi ou Enrique Iglesias. O ciclo 'Con Voces de Muller' finaliza este mércores 10 co concerto de Ginebras a partir das 22.30 horas na Ferrería

Concerto de 'De Vacas'
Concerto de 'De Vacas' / Cristina Saiz

De Vacas son a Marela, a Pinta, a Morena e a Rubia, como lles gusta presentarse. E son tamén Inés Salvado, Faia Díaz, Paula Romero e Guillerme Fernández, que este martes subían ao escenario da praza da Ferrería dentro do ciclo 'Con Voz de Muller' para ofrecer unha escolle das súas mellores adaptacións.

Co seu estilo divertido e desenfadado, a banda galega interpretou as súas características versións de temas populares e moi comerciais de artistas como Nathy Peluso, Rosalíaa, Luis Fonsi, Enrique Iglesias ou Chanel, provocando o sorriso do público coas traducións sempre sorprendentes das letras orixinais á lingua galega ao mesmo tempo que non deixaban de entusiasmar coa calidade das súas voces.

Esta agrupación que naceu dentro do Coro da Rá de Santiago de Compostela leva desde 2015 dándolle un estilo galego a estos temas tan coñecidos e acadando un notable éxito en directo.

O ciclo, que forma parte das Festas de Verán do Concello de Pontevedra, finaliza este mércores 10 coa actuación de Ginebras, a partir das 22.30 horas, na praza da Ferrería, con entrada libre. Trátase doutra agrupación formada por mulleres que elaboran nos seus concertos un universo pop propio tamén cargado con moito humor, que está levando ás catro integrantes a realizar un xira por toda a xeografía española ofrecendo os éxitos do seu primeiro álbum 'Ya dormiré cuando me muera'.