Afundación TV continúa coa súa proposta de dinamización do coñecemento, "Diálogos con Pepe Solla", un foro de encontro cultural no que o prestixioso cociñeiro galego, impulsor do grupo NOVE e da aclamada Casa Solla, o restaurante familiar estrela Michelin fundado en 1961.
Solla charlará con destacadas figuras do ámbito cultural e artístico galego sobre as distintas consecuencias da pandemia actual. Amaro Ferreiro será o segundo invitado deste foro este xoves 29 de outubro ás 19.30 horas.
O músico Amaro Ferreiro, neste ano 2020, decidiu acometer un novo proxecto musical, "Personajes secundarios". Nun ano de reflexión, case por imposición do contexto pandémico, Ferreiro lanzouse a publicar un novo disco no que homenaxea a esencialidade do papel secundario, desa sombra sen a cal a luz nunca podería brillar.
A charla será en directo, de acceso libre e gratuíto, e todas as persoas inscritas poderán interactuar cos protagonistas. A participación como público para este evento pódese formalizar aquí.