Directores galegos achéganse ata o FICBUEU para presentar as súas curtametraxes

Bueu
08 de setembro 2015

O Centro Social do Mar de Bueu onde se están a celebrar as sesións desta nova edición do FICBUEU encheuse de público durante as primeiras xornadas

Photocall no FICBUEU 2015
Photocall no FICBUEU 2015 / Adrián Mandado/FICBUEU

O director galego afincado en Londres, Álvaro Gago achegarase este martes 8 ata Bueu para presentar a curtametraxe 'Curricán' que esta tarde abre a segunda xornada do FICBUEU. Será o primeiro dos creadores galegos que se achegará polo Centro social do Mar onde se desenvolven as sesións. O mércores, o realizador Luís Avilésfalará sobre a súa obra a concurso, 'Unary'. O venres está previsto que José Antonio Blanco, director do thriller 'Véndese. Son tres dos cinco curtas que concorren á sección galega posta en marcha neste oitavo Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU).

Ao redor de 500 persoas asistiron ás primeiras sesións, nas que que o curto mellor valorado pola audiencia foi o alemán 'Alles Wird Gut' ('Todo irá ben'), que se desenvolve na xornada en que un pai divorciado vai recoller á súa filla.

Esta noite tratarase tamén a emigración cun curto francés, a comedia cunha fita holandesa e tamén poderase gozar dun documental sobre Elena Asins e asistir a unha coprodución francotunesina.

Ao final de cada sesión, o público ten a oportunidade de fotografarse no photocall coa figura envolvida en película de cine que este ano centra a imaxe do certame.