Domingo de teatro en familia con "La gallina de los huevos de oro" no Pazo da Cultura

Pontevedra
22 de outubro 2018

Nenos e maiores gozaron este domingo coa representación de La gallina de los huevos de oro, a obra que a compañía Zum- Zum Teatre representou no Pazo da Cultura de Pontevedra, dentro do seu ciclo teatral da tempada de outono

Representación da obra "La gallina de los huevos de oro" de Zum-Zum Teatre
Representación da obra "La gallina de los huevos de oro" de Zum-Zum Teatre / Diego Torrado

Nenos e maiores gozaron este domingo coa representación de La gallina de los huevos de oro, a obra que a compañía Zum-Zum Teatre representou no Pazo da Cultura de Pontevedra, dentro do seu ciclo teatral da tempada de outono.

Neste espectáculo familiar, o público pontevedrés coñeceu unha historia que conta que o diñeiro é un "conto".

Os granxeiros que protagonizan esta historia non perdían o tempo pensando no diñeiro e sempre repartían o pouco que tiñan con quen máis o necesitaba, pero un día chegou unha galiña na súa granxa e puxo un ovo de ouro. 

A partir de aí, desátanse situacións aloucadas e tremendamente cómicas que, sobre todo os máis pequenos, gozaron ao máximo.