Domingos do Principal baixa o pano con "Moby Dick"

Pontevedra
05 de marzo 2017

Todo o bo chega á súa fin. O ciclo Domingos do Principal baixou o pano. Fíxoo cunha obra que, de novo, logrou encher o patio de butacas do Teatro Principal. Trátase de Moby Dick, da compañía Gorakada Teatro

Representación de "Moby Dick" de Gorakada Teatro en Pontevedra
Representación de "Moby Dick" de Gorakada Teatro en Pontevedra / Diego Torrado

Todo o bo chega á súa fin. O ciclo Domingos do Principal baixou o pano. Fíxoo cunha obra que, de novo, logrou encher o patio de butacas do Teatro Principal. Trátase de Moby Dick, da compañía Gorakada Teatro.

Moby Dick é un espectáculo pensado para todos os públicos a partir de 6 anos, no a compañía vasca quixo aproximarse a esta obra mestra da literatura universal. 

Utilizando a imaxinación, para recrear ante os mozos espectadores mares, cachalotes, personaxes e aventuras presentes no libro, Gorakada bota man de elementos escénicos, o ritmo, o humor, a música, o traballo dos actores e, sobre todo, as palabras de Melville.

A obra conta a historia o Pequod, barco baleeiro ao mando do capitán Akab. Durante a súa viaxe goza dos praceres da vida no mar, fai amigos e aprende a recoñecer os distintos tipos de baleas. Pero o obsesivo desexo de vinganza do capitán Akab contra Moby Dick, a balea branca, conducirá ao Pequod e á tripulación á desgraza.

Este espectáculo foi galardoado como o premio FETEN 2016 á mellor dirección e foi todo un broche de ouro a un ciclo que, ano tras ano, demostra estar máis que consolidado na oferta cultural e Pontevedra.