Dúas semanas de prórroga para visitar a mostra de obras da Escola de Cantería no Mosteiro de Poio

Poio
10 de xullo 2024

A boa acolida que está a ter a exposición 'Arias Xidas' provocou que a organización manteña as visitas ás pezas do alumnado de Cantería ata o 22 de xullo

Mostra 'Arias Xidas'
Mostra 'Arias Xidas' /

As máis de cincuenta obras que forman parte da exposición 'Arias Xidas' serán visitables durante dúas semanas máis no Mosteiro de Poio.

A Escola de Cantería de Poio alcanzou un acordo co Concello e co Mosteiro de San Xoán para que estes traballos do alumnado permanezan ata o 22 de xullo.

Os venres 12 e 19 de xullo, ás 12.00 horas, realizaranse visitas guiadas polo profesorado do centro para explicar as técnicas e o procedemento de elaboración das pezas.

Nesta mostra ofrécense traballos de estudantes con temática diversa desde elementos construtivos básicos e motivos tradicionais ata elementos abstractos, pasando por esculturas figurativas.

Varias obras recrean modelos do escultor Asorey, homenaxeado este ano polas Artes Galegas.

Precisamente nos últimos días, o Consello de la Xunta de Galicia aprobaba o Decreto que converte á Escola de Cantería nun Centro Integrado de Formación Profesional.

Ofertaranse catro novas titulacións o próximo curso, entre as que se atopa a de Alta Especialización en Pedra Natural, con 22 prazas. Ofrecerase por primeira vez unha titulación oficial de Formación Profesional ao alumnado que curse estes estudos.

Ademais, ofrecerase o ciclo básico en Reforma e Mantemento de Edificios; e os ciclos de FP dual en Construción e Proxectos de edificación, con convenios con empresas do sector.