Falar de festivais de música pode asociarse a amplísimos recintos con multitudes. Este non é o caso. Os xéneros (musicais) teñen a súa idiosincrasia e a clásica ten os seus.
Falamos do Festival Internacional de Música Clásica Clasclás de Vilagarcía que chegou este ano á súa novena edición. Para iso está no podcast 'Cara a cara', unha das súas directoras, Rosina Sobrido Fernández.
Aínda que xa se celebraron algunhas actuacións o groso da programación comeza o vindeiro sábado 20 de xuño e concluirá unha semana despois, o 27 de xuño.
Pódese afirmar que os 'headliners' ou os artistas principais da presente edición son a Orquestra Sinfónica de Galicia que se converteron en residentes do Festival: "tiña moitas ganas de establecer unha relación un pouco máis permanente con eles e que sexan a nosa orquestra residente este ano con dous concertos e a partir de aí, imos continuar", apunta Sobrido.
Serán quen abra e pechen o 'line-up', a programación deseñada. O primeiro con Bach nas partituras e o último en colaboración co Centro Superior de Investigacións Científicas e que se ha denoninado 'O concerto da eclipse'. A cita ten 'sold out', entradas esgotadas, pero hai aberta lista de espera por se fallan as adquiridas.
Isto é música clásica, pero como nos eventos festivaleros dedicados a xéneros urbanos, "este ano hai moita música latinoamericana" indica a súa directora, citando nomes como o de Héctor Villalobos, Gabriela Ortiz ou Astor Piazzolla.
Listado Latam, pero sen esquecer os nomes propios como o de Manuel de Falla que este 2026 conmemora o 150 aniversario do seu nacemento e inclurá igualmente repertorio da súa única alumna, Rosa García Ascot.
Tamén os 'artistas emerxentes' teñen o seu espazo. Están na Escola Municipal de Música e no Conservatorio. Para eles "é moi importante, así mo manifestaron en moitas ocasións, que a eles apetécelles participar e que lles gusta".
E como en todo, ou case todo, evento musical desta índole, conleva un retorno para a localidade que o acolle: "para a cidade, socialmente, creo que é moi bo que un dos primeiros festivais de verán sexa de música clásica e que teñamos tantos concertos esgotados, que a xente acuda masivamente ano tras ano. Iso é o que nos leva a dicir bo, pois o ano que vén un pouco mellor".