O público infantil a partir dos dous anos ten unha cita o martes 2 de xaneiro no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa co espectáculo musical 'Os tres porquiños' da compañía viguesa Educa Teatro Producións.
A función iniciarase ás 17.00 horas e as entradas xa se poden adquirir a través de Ataquilla ao prezo único de 10 euros, máis gastos de xestión. No caso de que non se esgoten en venda previa, tamén se poderán comprar no Auditorio unha hora antes da función.
'Os tres porquiños' ofrece unha proposta divertida e musical na que se representa a fábula tradicional coa incorporación de dous exploradores, Xan e Xiana, que se penetran no bosque para coñecer aos personaxes da historia.
A proposta escénica ten unha intención tamén didáctica na que o público infantil aprenderá números, cores ou a denominación de pezas de vestir.
O público asistente terá a posibilidade de fotografarse cos personaxes do espectáculo cando finalice a obra teatral.